Descubre a maxia do Monte Aloia

Se buscas unha aventura emocionante e educativa, o Parque Natural do Monte Aloia é o destino perfecto para ti. Explora a diversa flora e fauna do Parque, pasea por bosques marabillosos e visita os restos arqueolóxicos da man de A Fada do Aloia, unha guía diferente ás demáis.

Unha experiencia inesquecible que non quererás perder, así que ven a explorar a beleza e a diversidade deste incrible lugar!

Que ruta prefires?

Tes á túa disposición diferentes rutas interpretativas para descubrir o Parque Natural do Monte Aloia, pensadas para todas as idades.

Tamén hai rutas especiais onde coñecer os valores do Aloia: rutas micolóxicas, sobre aves, Nadal, bolboretas, e mesmo para gozar do ceo aloiano nas noites máxicas de verán, e moito máis…

Quen é A Fada do Aloia?

Educadora Ambiental e Educadora Infantil, estarei encantada de amosarvos os recunchos máis secretos e fermosos do Parque Natural Monte Aloia e os valores da Natureza.

Vodas de inspiración celta nun escenario único

Disfruta de tus eventos en este lugar único!

A Fada do Aloia oficia bodas y hace de maestra de ceremonias en otras celebraciones en el lugar perfecto: un monte lleno de preciosos rincones e inigualables vistas.

Celebra os teus eventos dun xeito orixinal e diferente!

Charlas e visitas para Centros Educativos

A través das charlas de Educación Ambiental, falaremos do Aloia, da súa historia, da súa fauna e flora, da importancia da auga, de todo o que nos aportan as árbores, dos ecosistemas… Acompañando sempre as charlas de material atractivo para o alumnado, que fará que as explicacións sexan máis significativas. .

Maxia e ilusión

Non hai nada máis fermoso ou importante que deixar un legado exemplar ás novas xeracións, para que saiban apreciar os dons da Natureza. Con A Fada do Aloia, os máis pequenos poderán gozar a través de contos, historias, xogos e, sobre todo, moita diversión e ilusión, dos valores da Natureza, sempre transmitidos co máximo respecto por cada ser vivo.

Mantente ao día das rutas e actividades da Fada do Aloia

Subscríbete para recibir as últimas novas no teu correo electrónico

×
Skip to content