QUEN SON
Quen é A Fada do Aloia?
Esta son eu,
Natalia Lago Bravo,
Educadora Ambiental e Educadora Infantil,
nada en Tui, amante da Natureza
e o Parque Natural Monte Aloia,
cunha ampla experiencia traballando con nenos
e como guía ambiental,
gran coñecedora de todos os recunchos do Aloia
e as metodoloxías para achegar os valores naturais aos máis pequenos.
Natalia Lago Bravo
"As fadas non son elfos, son mulleres que aprenderon a voar crendo nos seus soños".
Aleksander Herzen
Acercando os valores naturais ós máis pequenos
A través de charlas educativas, falaremos sobre Aloia, os animais, as árbores, a importancia da auga, os ecosistemas… Acompañando as charlas de material atractivo para os alumnos, co que se farán máis significativas as explicacións.
Amante da Natureza, do sendeirismo e das paisaxes de Galicia dende nena...
Permíteme levarte a descubrir cada recuncho do Aloia e a maxia que desprende este lugar de conto de fadas!
Que ruta prefires?
Tes á túa disposición diferentes rutas interpretativas para descubrir o Parque Natural do Monte Aloia, pensadas para todas as idades.
Tamén hai rutas especiais onde coñecer os valores do Aloia: rutas micolóxicas, sobre aves, Nadal, bolboretas, e mesmo para gozar do ceo aloiano nas noites máxicas de verán, e moito máis…
Mantente ao día das rutas e actividades da Fada do Aloia
Subscríbete para recibir as últimas novas no teu correo electrónico